Benvid@s!


CONÉCTATE AOS TEUS DEREITOS é unha campaña de UGT Xuventude que xurde da necesidade de mellorar substancialmente a información sobre os dereitos e as condicións laborais da que dispón a mocidade galega e, especialmente, da comarca coruñesa, contribuíndo así a mellorar as condicións laborais da clase traballadora.

Empregamos, ademáis, a Internet como o principal de medio de comunicación e difusión desta Campaña, por ser o medio de información preferido da mocidade, e o máis accesible, o que nos permite chegar ao maior número traballadores e traballadoras.

Dende UGT-Xuventude, e a través deste BLOG, intentaremos resolver dúbidas sobre distintos temas que como mozo ou moza traballadora te afectan, estruturando os contidos nas CATEGORÍAS que podes atopar á tua dereita. Dentro das mesmas, atoparás, máis polo miúdo, a información que precisas.

Así mesmo, atoparás unha sección de preguntas e dúbidas frecuentes, onde tratamos de dar resposta a aquelas preguntas que máis habitualmente nos facemos ante a sinatura dun contrato, a esixencia do noso dereito ás vacacións e a non facer horas extras, a mobilidade na empresa. * Se aínda así non atopas resposta ás túas dúbidas, podes poñerte en contacto con nós no seguinte email: xuventude@ugtcoruna.es

Nesta WEB atoparás información sobre:

- O teu contrato de traballo.
- os teus dereitos se traballas para unha Empresa de Traballo Temporal.
- As condicións habituais de traballo (Salario, Xornada Laboral, Vacacións, Mobilidade, Permisos de Traballo).
- As condicións de conciliación da vida laboral e familiar.
- As prestacións da Seguridade Social (Desemprego, Maternidade, Paternidade, Incapacidade).
- Prevención de Riscos Laborais.
- Accidentes de traballo e enfermidades profesionais.
- Negociación colectiva.
- Dereito á sindicación dos traballadores.

Finalmente, convidámoste a que participes activamente desta campaña, facéndonos chegar as túas consultas e propostas, e sobre todo, dando a coñecer a existencia desta Web entre os teus compañeiros, amigos, blogs, etc…

Non o esquezas… cun só Click estarás Conectad@ aos Teus Dereitos!

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Gravatar
Logotipo de WordPress.com

Please log in to WordPress.com to post a comment to your blog.

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s