CONÉCTATE AOS TEUS DEREITOS é unha campaña de UGT Xuventude que xurde da necesidade de mellorar substancialmente a información sobre os dereitos e as condicións laborais da que dispón a mocidade galega e, especialmente, da comarca coruñesa, contribuíndo así a mellorar as condicións laborais da clase traballadora.
Empregamos, ademáis, a Internet como o principal de medio de comunicación e difusión desta Campaña, por ser o medio de información preferido da mocidade, e o máis accesible, o que nos permite chegar ao maior número traballadores e traballadoras.
Dende UGT-Xuventude, e a través deste BLOG, intentaremos resolver dúbidas sobre distintos temas que como mozo ou moza traballadora te afectan, estruturando os contidos nas CATEGORÍAS que podes atopar á tua dereita. Dentro das mesmas, atoparás, máis polo miúdo, a información que precisas.
Así mesmo, atoparás unha sección de preguntas e dúbidas frecuentes, onde tratamos de dar resposta a aquelas preguntas que máis habitualmente nos facemos ante a sinatura dun contrato, a esixencia do noso dereito ás vacacións e a non facer horas extras, a mobilidade na empresa. * Se aínda así non atopas resposta ás túas dúbidas, podes poñerte en contacto con nós no seguinte email: xuventude@ugtcoruna.es
Nesta WEB atoparás información sobre:
– O teu contrato de traballo.
– os teus dereitos se traballas para unha Empresa de Traballo Temporal.
– As condicións habituais de traballo (Salario, Xornada Laboral, Vacacións, Mobilidade, Permisos de Traballo).
– As condicións de conciliación da vida laboral e familiar.
– As prestacións da Seguridade Social (Desemprego, Maternidade, Paternidade, Incapacidade).
– Prevención de Riscos Laborais.
– Accidentes de traballo e enfermidades profesionais.
– Negociación colectiva.
– Dereito á sindicación dos traballadores.
Finalmente, convidámoste a que participes activamente desta campaña, facéndonos chegar as túas consultas e propostas, e sobre todo, dando a coñecer a existencia desta Web entre os teus compañeiros, amigos, blogs, etc…
Debe estar conectado para enviar un comentario.