Hai moitas razóns polas que unha persoa pode decidir escoller o autoemprego como saída profesional.
Alternativa ao desemprego. É unha saída profesional que permite dar unha solución ao paro.
Reto persoal. Poder levar a cabo unha idea de negocio constitúe, posiblemente, un dos maiores retos persoais que se pode atopar ao longo da vida.
Estas razóns supoñen, así mesmo, unha serie de vantaxes como poder contar con certo grao de independencia económica, ser o noso propio xefe, poder aplicar as nosas propias aptitudes persoais, poder gozar dun máis flexible horario, non estar suxeito a unhas normas impostas, contar cunha saída unha situación de desempleo…etc
Non obstante, hai que considerar unha serie considerable de inconvenientes, como ter unha independencia limitada no caso de solicitar financiamento esterna, compatibilizar o noso traballo con outros socios, o sacrificio persoal que suporá en canto a redución de tempo dedicación á vida familiar, social, tempo de ocio.. etc
En definitiva, crear unha empresa debe ser tomado como unha alternativa, unha opción máis a elixir entre as distintas posibilidades dispoñibles, aínda cando nos últimos anos se fala cada vez máis do autoemprego como un elemento imprescindible para a creación de postos de traballo.