ANÁLISE DA IDEA

Á hora de buscar ideas de negocio pódense distinguir claramente dos momentos, o primeiro de xeración das ideas e un segundo de análise.


Xeración de ideas: Supón un grande esforzo de observación, análise e selección, constituíndo un paso previo obrigatorio cara á creación dun negocio. Estas ideas de negocio pódense obter de múltiples maneiras, fontes ou medios, tales como a simple casualidade ou sorte, estar no lugar adecuado no momento axeitado, necesidades non satisfeitas, detección de novas necesidades, por información de revistas especializadas, asistencia a feiras e congresos, normativa, experiencias laborais ou persoais, etc.


Para que unha idea de negocio teña probabilidades de éxito ha de darse lle un valor engadido. Un valor que diferencie o produto ou servizo dos ofertados pola competencia e que faga que a clientela se incline a consumir o que a nosa empresa oferta.

 

Unha vez que se ten a idea de negocio débese:

1.Obter a máxima información acerca do tipo de negocio formulado.

 

2.Definir claramente que necesidades vai a satisfacer o produto ou servizo ofertado dende laempresa.


3.Estudiar se o produto ou servizo ofertado e o modo en que se ofrece se aajusta ás necesidades da clientela potencial.


4.Realizar unha análise e avaliación das debilidades, ameazas e dificultades da idea introducindo modificacións necesarias que permitan minimizalas o máximo posible.

  

En definitiva, para que unha idea de negocio teña maiores probabilidades de éxito teremos que saber darlle un valor engadido, é dicir un valor que diferencie noso produto ou servizo dos que ofrece a competencia e que faga que o cliente se incline a consumir o que a nosa empresa oferta.

Deixar un comentario

Arquivado en Autoemprego

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s