Arquivo da categoría: A primeira

Benvid@s a nosa Web!


CONÉCTATE AOS TEUS DEREITOS é unha campaña de UGT Xuventude que xurde da necesidade de mellorar substancialmente a información sobre os dereitos e as condicións laborais da que dispón a mocidade galega e, especialmente, da comarca coruñesa, contribuíndo así a mellorar as condicións laborais da clase traballadora.

Empregamos, ademáis, a Internet como o principal de medio de comunicación e difusión desta Campaña, por ser o medio de información preferido da mocidade, e o máis accesible, o que nos permite chegar ao maior número traballadores e traballadoras.

Dende UGT-Xuventude, e a través deste BLOG, intentaremos resolver dúbidas sobre distintos temas que como mozo ou moza traballadora te afectan, estruturando os contidos nas CATEGORÍAS que podes atopar á tua dereita. Dentro das mesmas, atoparás, máis polo miúdo, a información que precisas.

Así mesmo, atoparás unha sección de preguntas e dúbidas frecuentes, onde tratamos de dar resposta a aquelas preguntas que máis habitualmente nos facemos ante a sinatura dun contrato, a esixencia do noso dereito ás vacacións e a non facer horas extras, a mobilidade na empresa…

Finalmente, convidámoste a que participes activamente desta campaña, facéndonos chegar as túas consultas e propostas, e sobre todo, dando a coñecer a existencia desta Web entre os teus compañeiros, amigos, blogs, etc…

Non o esquezas… cun só Click estarás Conectad@ aos Teus Dereitos!

Deixar un comentario

Arquivado en A primeira