Arquivo da categoría: Autoemprego

¿POR QUE O AUTOEMPREGO?

Hai moitas razóns polas que unha persoa pode decidir escoller o autoemprego como saída profesional.

Alternativa ao desemprego. É unha saída profesional que permite dar unha solución ao paro.

Reto persoal. Poder levar a cabo unha idea de negocio constitúe, posiblemente, un dos maiores retos persoais que se pode atopar ao longo da vida.

Estas razóns supoñen, así mesmo, unha serie de vantaxes como poder contar con certo grao de independencia económica, ser o noso propio xefe, poder aplicar as nosas propias aptitudes persoais, poder gozar dun máis flexible horario, non estar suxeito a unhas normas impostas, contar cunha saída unha situación de desempleo…etc Seguir lendo

Deixar un comentario

Arquivado en Autoemprego

ANÁLISE DA IDEA

Á hora de buscar ideas de negocio pódense distinguir claramente dos momentos, o primeiro de xeración das ideas e un segundo de análise.


Xeración de ideas: Supón un grande esforzo de observación, análise e selección, constituíndo un paso previo obrigatorio cara á creación dun negocio. Estas ideas de negocio pódense obter de múltiples maneiras, fontes ou medios, tales como a simple casualidade ou sorte, estar no lugar adecuado no momento axeitado, necesidades non satisfeitas, detección de novas necesidades, por información de revistas especializadas, asistencia a feiras e congresos, normativa, experiencias laborais ou persoais, etc. Seguir lendo

Deixar un comentario

Arquivado en Autoemprego

Sociedade Civil e Comunidade de Bens

Sociedade civil

 

Fórmanas aquelas persoas, dous ou máis, que achegan diñeiro, bens ou negocios, mediante un contrato, para despois repartir entre si as ganancias que proporcione a nova empresa. O capital ha de estar totalmente desembolsado.


A sociedade poderase constituír baixo calquera forma, salvo que se achegue a ela bens inmobles ou dereitos reais, en cuxos casos será necesaria escritura pública. Seguir lendo

Deixar un comentario

Arquivado en Autoemprego

Sociedade Limitada

Sociedade limitada

É unha sociedade de natureza mercantil, sexa cual fuere o seu obxecto, o capital da cal, que non ha de ser inferior a 3.005.06 €, está dividido en participacións iguais, acumulables e indivisibles que non poderán incorporarse a títulos negociables nin se denominar accións.

Os socios, como mínimo dous, non responderán persoalmente das débedas sociais, senón que estarán soamente obrigados/ás pola contía das súas contribucións. Como o seu nome indica, trátase dunha sociedade na que os/ás socios/ás non responden persoalmente das débedas sociais, non existe máis responsabilidade fronte a terceiros/ás que a responsabilidade da sociedade que responde con todo o seu patrimonio. Así, a persoa socia só arrisca o importe da súa achega e os/ás acredores/ás non teñen acceso ao patrimonio particular de este/a, sempre e cando as contribucións non consistisen nun dereito de crédito ou en bens que carezan do valor atribuído. Seguir lendo

Deixar un comentario

Arquivado en Autoemprego

Sociedade Limitada Laboral

Sociedade limitada Laboral


As sociedades limitadas laborais, son un tipo de sociedade que está entre as cooperativas e as sociedades limitadas. Teñen personalidade xurídica propia e un capital mínimo de 3005.06 €, ao 100% subscrito e desembolsado no momento da constitución.

Para obter o carácter de laboral, a lei establece unha serie de requisitos que deben de cumprir:

– Precísanse como mínimo 3 socios/ás para constituila, 2 a tempo completo e con contrato indefinido. O 51% do capital deberá estar en mans de os/ás traballadores/ás que presten servizos retribuídos nesta por tempo indefinido e a xornada completa; á vez, ningunha das persoas socias poderá acaparar máis do 33% do capital social. Seguir lendo

Deixar un comentario

Arquivado en Autoemprego

Sociedade Anónima

Sociedade anónima


É unha sociedade de natureza mercantil o capital social da cal mínimo é de 60101,21 €, debendo estar integramente subscrito aínda que pode efectuarse o desembolso dunha cuarta parte. Divídese en accións transmisibles que poden estar representadas por medio de títulos ou anotacións en contas. 

Deixar un comentario

Arquivado en Autoemprego

O Empresario/a Individual

Será quen dedicándose a unha actividade cumpre os seguintes requisitos:

– Actúa como persoa individual.
– Ten capacidade legal para exercer o comercio, (art. 4 do código de comercio).
– Desenvolve esta actividade en nome propio, con todas as obrigas de supoña.
– A responsabilidade será ilimitada. Non existe separación entre o patrimonio persoal e o empresarial.

Dado que exerce o comercio ou profesión en nome propio, asumirá todos os riscos e obrigas que contraia con terceiros, respondendo con todo o seu patrimonio, tanto o invertido na empresa como o particular, chegando ata os do seu cónxuxe se é casado/a ou o seu réxime é o de gananciais, (art. 6-12 do código de comercio).

En caso de que o cónxuxe desexe quedar a salvo, aínda que non é necesaria a separación de bens, se que terá que facer constar o seu desexo mediante escritura pública, inscrita e rexistrada no Rexistro Mercantil.

Comentarios desactivados en O Empresario/a Individual

Arquivado en Autoemprego

FORMAS XURÍDICAS MÁIS COMÚNS

A elección da forma xurídica a adoptar pola nosa empresa debe ser obxecto dunha detida análise, co fin de elixir aquela que mellor a axuste ás características do proxecto a desenvolver.


É difícil establecer uns criterios xerais que permitan determinar a forma xurídica máis adecuada en cada caso concreto, dado que cada proxecto empresarial presentará unhas características propias que requirirán o seu estudio particular.

Así, a empresa adoptará, polo xeral, unha das seguintes formas:

 

  

FORMA

Nº DE SOCIOS/AS

CAPITAL

RESPONSABILIDAD

FISCALIDAD DIRECTA

Empresario/a individual

1

Non existe mínimo legal

Ilimitada

IRPF (rendementos por actividades económicas)

Comunidade de bens

Mínimo 2

Non existe mínimo legal

Ilimitada

IRPF (rendementos por actividades económicas)

Sociedade civil

Mínimo 2

Non existe mínimo legal

Ilimitada

IRPF (rendementos por actividades económicas)

Sociedade Limitada

Mínimo 1

Mínimo 3.005,06 €

Limitada ao capital aportado

Imposto de Sociedades

Sociedade Limitada Nova Empresa

Máximo 5 no momento da constitución

Mínimo 3.012 € Máximo 120.202 €

Limitada ao capital aportado

Imposto de Sociedades

Sociedade

Limitada Laboral

Mínimo 3

Mínimo 3.005,06 €

Limitada ao capital aportado

Imposto de Sociedades

Sociedade Anónima

Mínimo 2

Mínimo 60101,21€,

Limitada ao capital aportado

Imposto de Sociedades

 

Deixar un comentario

Arquivado en Autoemprego

SUBVENCIÓNS E AXUDAS PARA A CREACIÓN DE EMPRESAS

Existen diferentes programas e subvencións da Xunta de Galicia que pretenden facilitar o emprego por conta propia dos/ás traballadores/ás inscritos/ás como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego.


No seguinte enlace figura o Programa de fomento de emprego autónomo

http://traballo.xunta.es/contenidos/gl/menu_transversal/ayudas_subvenciones/ayudas/axuda-tr341d-2009

Xunto co anterior enlace, este seguinte, mostra un amplo abano de axudas relacionadas con varios aspectos do mercado laboral.

http://traballo.xunta.es/contenidos/gl/menu_transversal/ayudas_subvenciones/portada_ayudas

Deixar un comentario

Arquivado en Autoemprego