UGT A Coruña

Atópaste na PÁXINA WEB deseñada pola Secretaría de Xuventude de UGT Coruña que   é a base da campaña de comunicación e información orientada á mocidade traballadora (mais non só á mocidade) que estamos a desenvolver dende a Unión Comarcal de UGT.

Dende UGT Xuventude, queremos facerte participe das nosas preocupacións pola situación en que os mozos nos atopamos no mundo laboral. Son moitas as dúbidas que xorden e moitas as situacións distintas que vivimos cando estamos a traballar por conta alllea.

E por esta razón xurde esta WEB, porque cremos que era preciso crear un espazo dentro de UGT Coruña onde te poideses informar e asesorar da maneira que ti prefiras, no horario que te conveña, e dende a túa propia casa.

En UGT  vimos exercendo unha especial defensa das reivindicacións das mulleres e dos mozos e mozas , evitando calquera forma de discriminación baseada no sexo ou na idade, e defendendo tamén os dereitos dos maiores, perseguindo a integración laboral e social dos minusválidos e das minorías e colectivos marxinados, e dos traballadores inmigrantes.

AFÍLIATE A UGT

As vantaxes de estar afiliado/a a UGT, son numerosas:

– Información e asesoramento permanente
Gabinetes Xurídicos Especializados (avogados/as laboralistas, etc.)
– Contratación, salarios, vacacións, nóminas, xornadas, convenios colectivos, liquidacións, xubilacións, pensións, Seguridade Social, despedimentos, etc
– Expedientes de regulación de emprego
– Protección por desemprego
– Prevención de riscos laborais
Formación continua adaptada aos postos de traballo
– Formación sindical específica aos delegados/as de persoal, membros de comités e delegados/as de Saúde Laboral

Outros servizos

Vacacións, viaxes e hoteis
– Lecer: residencias de tempo libre
– Establecementos concertados
– Seguro de Accidentes en caso de morte, a partir dun ano de afiliación ininterrompida a UGT
Declaración da Renda.

Lembra: A cota sindical é desgravable na Declaración da Renda

Modelo de folla de afiliación

Este modelo só é válido para coñecer que se precisa para afiliarse. O orixinal ten que ser cuberto , asinado e entregado en calquera das sedes de UGT.

Cota sindical